Este sábado o VII Mercado de Primaveira aterriza no Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A rúa Manuel Rodríguez que atravesa os barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián acollerán númerosos productos ecolóxicos

 

 

A alcaldesa de O Porriño, Eva García, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón e responsables da empresa “Ekohuerta” e da AVV San Benito e San Sebastián; presentaron hoxe, no Concello de Porriño, a séptima edición do Mercado de Primaveira que se vai celebrar o vindeiro sábado, 13 de abril, na rúa Manuel Rodríguez.

“Trátase dunha iniciativa que celebramos dende o Concello porque promociona a vida saudable, a conciliación co noso entorno e ademáis de ser unha actividade que contribúe á dinamización da vila de O Porriño. Para este goberno municipal é un pracer colaborar con vos, e temos que darvos as grazas porque iniciativas deste tipo dinamizan a vida social, comercial e cultural de Porriño”, subliñou García de la Torre.

Previamente Manuel Nieto, responsable de “Ekohuerta” explicou que o Mercado de Primaveira “aposta polo producto ecolóxico, sán e sostible” e  indicou que no programa desta edición “imos facer un esforzo divulgativo entre os nenos cun taller de elaboración de pizzas artesás, para rapaces de 3 ata 15 anos, para que coñezan a comida saudable e respetuosa co entorno”.

Pola súa banda, a presidenta da AAVV San Benito e San Sebastián Carmen Rodríguez, agradeceu á alcaldesa “a colaboración que nos brinda o Concello de Porriño para manter este evento que, incluso a nós, sorprende que chegara xa á séptima edición”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete