II Semana da Memoria Histórica  

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este martes ás 19.30 h no Centro Cultural Municipal intervirá o profesor Xosé Álvarez abordando o "Ensino na II República"

 

 

O Concello de Porriño colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Mino, Louriña e Salceda que ó longo destes días está a desenrolar a II Semana da Memoria.

Os actos comezaron o sábado 6 cunha charla no Centro de Guláns, en Tomiño, continuando este luns en A Guarda e chegarán hoxe martes a Porriño, ao Centro Cultural Municipal a partir das 19.30 h, coa intervención do profesor Xosé Alvarez, que será presentado por Raúl Francés, e falará do “Ensino na II República”.

O mércores 10, en Salceda na Casa da Cultura Castelao ás 20.00 h Xosé Ramón Pousa achega o libro "A fuga do forte de San Cristóbal". O xoves 11, tamén ás 20.00 h no Balneario de Caldelas de Tui, presentación do libro de Fernando Salgado, "1.306/36".

Novamente o venres 12 voltan a Salceda, esta vez no auditorio municipal para a presentación do libro de Quico Paz Antón, "Salceda de Caselas Republicana-1936".

Os actos finais desta II Semana da Memoria Histórica chegan ata o fin de semana, pois o sábado tera lugar a lembranza dos fusilados que se vai celebrar en Tebra, Tomiño; e o domingo 14, na conmemoración da data da proclamación da II República, un acto que terá lugar en A Volta da Moura, en Tui.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete