Salceda pechou o 2018 cun positivo exercicio económico

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Salceda de Caselas pecha o pasado ano con máis dun millón e medio de euros de remanente de tesourería

 

 

Os resultados económicos do Concello de Salceda de Caselas reflicten unha situación de Estabilidade Orzamentaria, dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 2/2012, que permite que o Concello faga fronte ós gastos correntes e de capital. Constátase tamén o cumprimento da “Regra de Gasto” con respecto ó exercicio económico anterior, xa que no ano 2018 o Concello de Salceda tivo un gasto 278.483,89 € inferior ao gasto de 2017.

Pola diferenza dos ingresos de 5.624.989 € e dos gastos de 5.261.828 € obtense un resultado orzamentario que segundo recolle o informe do interventor municipal ascende a 363.106,73€
de superhávit, o cal constata a estabilidade orzamentaria do Concello. Por outra banda o remanente de tesourería é de 1.504.111,24€, fronte aos 417.761,02 € do ano 2017, o que deixa ao Concello nunha situación inmellorable de cara á realización de novos proxectos.

O periodo medio de pago correspondente ao último trimestre de 2018 foi de 49,06 días, dentro dos parámetros establecidos polo Ministerio de Facenda, que establece un periodo de 60 días na normativa de morosidade. Cabe destacar tamén unha execución orzamentaria do 93,20%, moi por enriba da media de Galicia. Os datos do último exercicio provocan que o Concello xa non teña a necesidade de elaborar un plan económico-financieiro.

A concelleira de Facenda, Loli Castiñeira indica que “os datos ó peche do exercicio 2018 melloran substancialmente. Conseguimos estabilizar as contas do Concello e reducimos a débeda
municipal considerablemente o cal nos dá marxe de actuación financieira, xa que cumprimos cos obxectivos que marca a Lei en materia económica e de Estabilidade”.

O alcalde de Salceda, Marcos Besada explica que “aínda estando gobernando en minoría e sufrindo recurtes constantes dende outras administracións, seguimos a traballar e a conseguir día a día manter os servizos básicos para a nosa cidadanía. Estas contas son o froito de desenvolver unha política responsable de control económico e de xestión rigurosa dos recursos municipais. Froito desa boa xestión a débeda viva a 31 de decembro é de 1.160.036,89 €, o que supón unha porcentaxe de endebedamento do 22,49%, moi por debaixo da media do conxunto das administracións”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete