Campamento de Semana Santa para nenos de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 12 de abril

 

 

O Concello de Mos e EVD Galicia organizan conxuntamente o Campamento Infantil de Semana Santa 2019 que leva por título Artistas na Natureza.

Realizarase os días 15, 16, 17 e 22 de abril na Aldea Alfacuca e, en caso de choiva, trasladaríase á Ludoteca de Louredo. As idades dos participantes deberán estar comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O prezo por un día de participación é de 8 € e polos 4 días de 30 €.

Os participantes contarán con obradoiros e actividades ao aire libre así como xogos tradicionais e iniciativas de artesanía e reciclaxe.

O horario será de 9.00 a 14.00 h, aínda que os proxenitores interesados poderán solicitar o Plan Madruga de 8.00 a 9.00 h, así como tamén o servizo de comedor de 14.30 a 15.30 h. O campamento tamén contará  con servizo de transporte.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de abril e para máis información poden dirixirse ao número de teléfono 986 33 94 04, ou por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete