Escolares do Porriño concentráronse este venres polo cambio climático

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Alumnos de primaria e dos Institutos encheron a Praza Arquitecto Antonio Palacios coas súas demandas para frear o cambio climático

 

 

Unha chea de escolares, procedentes de centros de Educación Primaria e Infantil do municipio, así como dos Institutos "Pino Manso" e "Ribeira do Louro", reclamaron este venres aos políticos "sen excepcións, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas.

Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse á xornada mundial "Fridays for future" (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraronse concentracións coma a de Porriño en 60 cidades, ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Os alumn@s porriñeses deron lectura ó manifesto, que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que, os nenos de hoxe, padecerán como maiores no inminente futuro.

Ao remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente "simplemente para agradecervos que coas vosas movilizacións e palabras, golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete