Conclúe o ciclo “As Mulleres fan Porriño”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Mabel Lozano insta ós homes a ser proactivos contra a prostitución e a trata

 

 

A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numero público asistente á proxeción celebrada no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M Día Internacional da Muller.

Previamente á proxección, a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, tomou a palabra para honrar a Mabel Lozano “polo seu compromiso coas mulleres, en suma co 52% da poboación”. A máxima responsable da institución provincial manifestou "como cargo público que son, opóñome á posible legalización da prostitución, por certo o tercer negocio que máis cartos xenera no mundo detrás do narcotráfico e a venda de armas”, engadiu.

A alcaldesa Eva García, campaña “As Mulleres fan Porriño”, suscribiu as palabras da presidenta da Deputación, lembrando o acontecido o pasado venres 8M. Recordou que unha das intervintes no acto institucional ante o Concello, refiriuse a existencia de “puticlubes” no entorno de Porriño. Esa veciña dixo que “alomenos a metade dos homes de Porriño colaboran coa escravitude dos puticlubes”.

A alcaldesa sinalou que a afirmación desa veciña “non ten base científica” pero resulta evidente que a presenza deses locais indica que hai demanda”, precisou Eva García quen invitou ós homes a “non apoiar coa sua asistencia a eses locais, a cosificación e humillación desas mulleres”.

Nesa mesma liña Mabel Lozano, que interviu ó final do filme, aportou un dato oficial do Goberno de España: “estadísticamente está confirmado que o 40% dos homes, e decir oito millóns e medio de españois, consumen sexo de pago”. Polo que Mabel Lozano apelou ó 60% restante dos homes a “ser proactivos en contra da trata de mulleres e a prostitución”.    

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete