Picoña reforestará os seus montes queimados

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Prantaranse un total de 600 árbores autóctonas a través de voluntariado

 

 

O vindeiro sábado 16 de marzo, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha xornada de reforestación nos montes comunais da parroquia de Picoña, a máis afectada pola vaga de lumes do 2017 no Concello de Salceda de Caselas.

A reforestación levarase a cabo mediante voluntariado, que se pode anotar xa por correo electrónico en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou presencialmente na Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas.

Na xornada prantaranse ata 600 árbores autóctonas, e será posible grazas ao traballo conxunto da Comunidade de Montes de Picoña e o Concello de Salceda, a través do programa
de reforestación financiado por Afundación, a obra social de Abanca. Tamén a Deputación de Pontevedra participa no proxecto a través do Plan Revitaliza, xa que na prantación se
empregará o compost recollido nos diferentes composteiros de Salceda.

Concello e Comunidade de Montes márcanse como obxectivo reunir a 100 persoas voluntarias para esta acción de grande importancia, e lembran que o punto de encontró para o sábado 16 será o Centro Cultural de Picoña.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete