Retírase unha construcción que obstaculizaba a visibilidade dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un acordo co propietario permitiu a eliminación do obstáculo

 

 

Dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio, parroquia de Tameiga, ven de realizarse a retirada dunha construcción que obstaculizaba enormemente a visibilidade no cruce coa vía de servizo da autovía. O Concello de Mos chegou a un acordo co propietario e puido retirarse este obstáculo cuxa eliminación viña sendo solicitada históricamente pola veciñanza dende fai dúas décadas.

A obra de humanización do acceso de San Eleuterio comezou a mediados do pasado mes de decembro e está previsto o seu remate de cara á vindeira primavera.

Con esta actuación créase na contorna da urbanización de San Eleuterio un novo itinerario peonil que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao Oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao Norte.

Esta nova beirarrúa, de polo menos 1.80 metros de ancho, axústase ás aliñacións viarias definidas no PXOM-2017 e garante a seguridade do tránsito peonil entre as vivendas e os equipamentos (Campo de Fútbol, Ermida de San Eleuterio ou Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón).

O ancho da calzada auméntase naquelas zonas onde hai estreitamentos perigosos, sempre axustándose ás aliñacións do plan.

A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección viaria, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe ou a mellora da sinalización.

A inversión que require esta obra de mellora dos accesos a San Eleuterio é de 254.449,77 € e conta con subvención do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete