A Plataforma Auga é Vida convoca unha andaina solidaria

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A inscrición ten un custe de 5 € que se doarán ás comunidades integrantes da plataforma para contribuir á defensa do monte

 

 

O vindeiro domingo 10, a Plataforma Auga é Vida -integrada polas Comunidades de Traídas de Augas de Petelos-Tameiga, de Casal-Tameiga, de Monte Baxiña e de Sanguiñeda mais a Comunidade de Montes de Tameiga- convoca unha andaina polos montes desta última con saída ás 10:30h dende a área de lecer do Centro Deportivo, Social e Cultural As Pedriñas, que será tamén o lugar de retorno no que ademais teremos unha churrascada agardando.

O roteiro ten unha lonxitude de 8 km de dificultade media cunha duración estimada de duas horas e media. Na metade do percorrido entregaráse unha mochila con auga e froita como
avituallamento. Na andaina atravesaranse os montes que están ameazados polo proxecto do Macro Centro Comercial; e poderemos apreciar todo o valor que aporta o monte a nosa vida.

Con esta andaina solidaria pretendemos que non se esqueza o despropósito que queren facer os promotores do Macro Centro Comercial arrasando os nosos montes e tamén recabar fondos coa solidariedade d@s veciñ@s que participen na andaina, xa que a loita contra este proxecto está obrigando ás comunidades a uns gastos extraordinarios para defender o monte e as augas deste atentado ecolóxico.

Por iso participar no roteiro terá unha doazón asociada de 5 € e a churrascada con chourizo e viño terá un custe de 8 € por persoa. Para participar no ruteiro é suficiente con reservar unha hora antes, pero para a churrascada hai que facelo antes do xoves 7 no Centro Cultural As Pedriñas -tlf. 986 487 958-.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete