Aberto o prazo para participar no desfile de carrozas e comparsas de Salceda

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O número de compoñentes mínimo por comparsa é de 15 

Os interesados en participar poderán facelo, dende esta semá as agrupacións locais e as de outros municipios dende o 18 ao 24  

 

 

O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría e Festas que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de inscrición para a participación no XXI Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 3 de marzo de 2019.

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 18 ao 24 será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademáis, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan tódalas agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de compoñentes.

Ademáis da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, o mellor maquillaxe, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertida, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade.

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web www.salcedadecaselas.gal, así como nas redes sociais do Concello de Salceda. En Salceda o Entroido é unha das súas festas máis grandes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo dentro duns días.

A programación municipal completará o xa tradiconal enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 125 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.

A concelleira de Cultura, Teresa Pérez, manifestaba "Estamos ante a nosa festa máis tradicional, que en Salceda se remonta a máis dun século de tradición. Agardamos que un ano máis o noso Concello sexa referencia na festa do Entroido e agardamos a visita de milleiros de persoas; para o que estamos a traballar xa entre as diferentes concellerías”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete