Salceda aproba o seu inventario de bens por un valor de case 26 millóns de euros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Salceda actualizará o seu Rexistro da Propiedade con 1.222 bens inmobles, 3 dereitos reais, 19 mobles especiais, 18 vehículos e 1.234 obxectos de mobiliario

 

O Pleno da Corporación de Salceda de Caselas aprobou, cos votos a favor de MS e PSOE e en contra do PP, o Inventario Municipal de Bens, que lle recoñece propiedades ao Concello por un valor de 25.960.825,95 €.

O Concello de Salceda dispuña ata o de agora, dun Inventario Municipal que data do ano 1967, e que básicamente consistía nun libro que describe de xeito literal algúns bens que nesa data constaban como municipais. A veces dita descripción estaba acompañada dun croquis realizado a man alzada, que a día de hoxe estaban completamente desfasados e sen os datos de situación, xeoreferenciación, xurídicos etc. precisos para que os bens alí reseñados poidan ser catalogados correctamente tal como esixe o RBEL nos 8 epígrafes que constitúen un
Inventario Municipal.

En 2012 o Concello de Salceda contratou a empresa LAYA que realizou e posteriormente foi aprobado o inventario municipal de viais, catalogando tódolos viais municipais, que agora se completa co resto dos epígrafes. O documento certifica a existencia de 1.222 bens inmobles, 3 dereitos reais, 19 mobles especiais, 18 vehículos e 1.234 obxectos de mobiliario, que se procederán a inscribir no Rexistro da Propiedade.

O alcalde de Salceda, Marcos Besada “O Inventario Municipal de Bens resulta fundamental para a correcta xestión do patrimonio público. Con este traballo descubrimos ademáis novos elementos que sen dúbida contribuirán ao enriquecemento patrimonial e cultural do noso Concello segundo se vaian poñendo en valor. Agradecemos a enorme colaboración prestada polos veciñ@s e polos colectivos veciñais de cada unha das parroquias, fundamental para acadar o resultado que agora vimos de aprobar”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete