O antigo cuartel da Guardia Civil de As Neves convertirase nunha residencia de maiores

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Pleno do Concello das Neves deu o visto bo, sen o apoio do Partido Popular, á aprobación inicial da modificación puntual do planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel

 

Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandoado.

Esta decisión, subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “permitirá, entre outros proxectos, a conversión do cuartel en residencia para maiores”.

A modificación puntual do planeamento urbanístico neste zona urbán das Neves servirá para, garantir a preservación do patrimonio cultural, nomeadamente no referido á edificación da antiga casa cuartel da Garda Civil, incluída no catálogo do PXOM (E 1202), e ao BIC que na mesma se integra, adecuando o seu réxime de protección á vixente Lei de Patrimonio Cultural de conformidade co recollido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio en 2017.

Tamén, completará a estrutura do núcleo urbano das Neves procurando a través da ordenación deste ámbito a acaída articulación, funcional e formal dos desenvolvementos das últimas décadas coa vila tradicional, partindo do espazo público como principal elemento de integración.

Ao tempo, garantirase a conservación da pequena fraga existente no ámbito facendo compatible o seu uso para o lecer cidadán como zona verde pública coa preservación do seu valor natural e paisaxístico e reducirase a pegada da ordenación minimizando a artificialización de solos e os movementos de terras.

Está modificación do PXOM tamén vai permitir dotar ao núcleo urbano das Neves dunha residencia de maiores dando así resposta as necesidades da poboación e fomentando o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete