Salceda aproba o I Plan de Mobilidade Sustentable da provincia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Do Pleno saíu aprobado este plan subvencionado nun 75% pola Deputación de Pontevedra  

 

 

O Pleno da Corporación do Concello de Salceda aprobou o I Plan de Mobilidade Sustentable cos votos a favor de Movemento Salceda e o PSOE e a abstención do PP. O PMUS redactouse co apoio da Deputación de Pontevedra, que fará unha aportación de 15.000 €, dos 19.965 € que custa o proxecto.

Aínda que o documento podía ser aprobado directamente por Decreto de Alcaldía, o Equipo de Goberno considerou importante sometelo á votación do Pleno, para que fose un documento abalado pola totalidade da corporación municipal, co aliciente ademáis de ser o primeiro PMUS da provincia en aprobarse segundo os criterios de mobilidade sustentable da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo fundamental do PMUS é o de establecer o libro de ruta que seguir nas vindeiras actuacións que se leven a cabo, na liña de seguir a recuperar a vila para as persoas. É importante, sobre todo, garantirlles aos nenos e nenas a súa autonomía para saír da casa, para ir xogar cos amigos e amigas e para ir a escola a pé e sós/soas; hai que garantirlles tamén ás persoas con diversidade funcional percorridos sen barreiras e con solucións de continuidade; á terceira idade, pasos de peóns e encrucilladas seguras… En definitiva, o PMUS busca
asegurarlle a toda a cidadanía unha posibilidade real de movemento, de ir á escola, ao traballo e a divertirse por outros medios que non sexan o coche particular, e darlle prioridade a ir a pé ou en bicicleta, correspondéndose coa liña que humanizacións e recuperacións de espazos públicos que está a desenrolar o Goberno Municipal dende o ano 2007.

A pesares dos esforzos que leva realizado o Concello en humanizar diversas rúas, o certo é que a día de hoxe só un 16,6% da superficie total das rúas do casco urbano está adicado a beirarrúas, só un 1,6% das rúas son de uso peonil, e un 87% das beirarrúas teñen menos de 1,80 m de ancho. Estas cifras veñen a demostrar a necesidade dun Plan de Mobilidade como este, que o Equipo de Goberno espera ter rematado e aprobado neste ano 2018.

O tecido asociativo tivo un papel importante na redacción do PMUS, para o que a empresa encargada da redacción do plan realizou diversas Mesas de Participación Cidadá o ás que se convidaron ás asociación e aos grupos da oposición así como a outros colectivos de interese (Protección Civil, Policía Local…).

O alcalde de Salceda, Marcos Besada explicaba “Levamos dado importantes pasos na recuperación do espazo público para as persoas. Salceda busca converterse en referente dentro das Cidades dos Nenos e das Nenas, e sen dúbida o PMUS será unha ferramenta de enorme valor para seguir a traballar neste obxectivo. Seguiremos a construír unha vila pensada para as persoas”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete