O Concello de Salvaterra ofrece aos veciños cine de balde

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Proxectaranse 21 películas repartidas entre as fins de semana do 19 de xaneiro e o 31 de marzo no Salón da Casa de Cultura

 

 

O programa "Inverno de cine" é o ciclo gratuíto da concellería de Cultura de Salvaterra de Miño que ofrece 21 películas as fins de semana con sesións  os sábados ás 22.00 h e os domingos ás 17.00 h, entre o 19 de xaneiro ao 31 de marzo, no Salón da Casa da Cultura de Salvaterra.

"Inverno de cine",novo proxecto de ocio e cultura, está enfocado a toda a poboación, maiores, cativos, familias, grupos de amigos ou simplemente a esa persoa que busca unha alternativa diferente e de balde.

Para poder ofrecer cine, o Concello de Salvaterra dotou a Casa da Cultura dunha infraestrutura específica para acoller este novo proxecto. Así nos últimos meses instalouse unha pantalla de gran formato (5 m), modernizouse o equipo de son e renováronse as cadeiras do salón con 200 novos lugares, co fin de ofrecer a máxima comodidade posible.

Agora con este Ciclo gratuíto de Cine, o Concello de Salvaterra busca ser un referente na contorna e dar unha nova opción de ocio aos nosos veciñ@s. En"Inverno de cine" atópanse as últimas estreas coas películas máis recomendadas do ano 2017. Os xéneros van dende o drama, pasando pola animación, ciencia ficción, acción, comedia dramática, fantasía, suspense, comedia e aventura; con directores como Woody Allen, Timothy Reckart, Rian Johnson, Álex de la Iglesia, Isabel Coixet, Vicente Villanueva..., entre outros.

A primeira película que abrirá este ciclo"Inverno de cine"o próximo sábado 19 de xaneiro vai ser un drama dirixido por WoodyAllen, ás 17.00 h,"Wonder Wheel", que nos trasladará aos anos 50 en Nova York. O domingo está enfocado aos mais cativos coa proxección da película "Se Armó el Belén", unha animación familiar dirixida por Timothy Reckart.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete