Mos celebra a comisión de deslinde no Rebullón coa ausencia do Concello de Vigo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A incomparecencia do municipio veciño obriga á administración local mosense a trasladar a continuación do expediente aos órganos autonómico e estatal competentes

O acto desta mañá concluíuse co desacordo unánime de todos os membros da Comisión mosense co deslinde actual

 

 

Esta mañá celebrouse na zona do Rebullón o acto de verificación dos límites co veciño Concello de Vigo ao que só asistiu a Comisión de Deslinde de Mos, e que concluíu co desacordo unánime de todos os membros integrantes da Comisión mosense, co deslinde actual.

A Comisión mosense está integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto con tres edís da Corporación Municipal (o concelleiro do goberno Camilo Augusto, Silvia González do PSOE, e Miguel Ángel Rodríguez de GañaMos), a secretaria e un técnico municipal, o enxeñeiro técnico agrícola Ángel Bravo; e dous dos veciñ@s de maioridade da zona implicada.

No acto o perito asesor do Concello de Mos, Ángel Bravo, e os dous veciños mosenses integrantes da Comisión de Deslinde expuxeron a súa versión sobre a delimitación exacta entre municipios, que coincide co deslinde do ano 1890, e a secretaria municipal levantou acta da xuntanza. Ao non persoarse na mesma o Concello de Vigo, a secretaria de Mos deixou constancia na súa acta dita incomparecencia.

Todo este procedemento de deslinde iniciado polo Concello de Mos está regulado pola Lei de Administración Local de Galicia e os seguintes pasos a dar pola administración local mosense -tras o acto de verificación celebrado hoxe- son remitirlle a acta da secretaria municipal á Dirección Xeral de Administración Local que, unha vez recepcionada, remitiralla ao Instituto Xeográfico Nacional (IGN) que nomeará un técnico para que se desprace dende Madrid á zona do Rebullón para inspeccionar o terreo e citar a ambas Comisións de Deslinde -a de Vigo e a de Mos- e a un representante da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

Tras esta inspección, o técnico do IGN emitirá informe coa súa proposta de deslinde entre os Concellos de Mos e Vigo e a continuación requeriríanse informes da Comisión Galega de Delimitación Territorial e da Deputación de Pontevedra. Por último, e previo dictame do Consello Consultivo de Galicia, resolverá definitivamente o Consello da Xunta de Galicia.

Mos convocou a finais de xuño de 2018 unha comisión de deslinde para dirimir a pertenza de 55.000 metros cadrados do Polígono Industrial do Rebullón que históricamente, dende o ano 1890, se consideran de Mos pero que o Instituto Geográfico Nacional, IGN, establece como Vigo en 2007 ante a desaparición dun marco.

Existe por parte do Concello de Mos a vontade de emprender un trámite administrativo para deslindar a zona obxecto de estudo.

O Concello de Mos notificoulle o pasado xullo ao de Vigo a constitución en Pleno e membros integrantes da Comisión de Deslinde mosense para que o Concello de Vigo realizase o mesmo trámite e poder convocar a primeira xuntanza in situ de ambas partes e iniciar o proceso de deslinde. A resposta do Concello de Vigo nunca se produciu.

Mos remitiulle tamén en xullo a Vigo o informe pericial que xustifica o inicio do expediente de deslinde e que argumenta técnicamente a corrección dos lindes datados de 1890 e o erro da liña marcada en 2007 polo IGN ao obviar un marco.

O Concello de Mos rexiuse pola liña de deslinde con Vigo establecida polo IGN para que a Xunta de Galicia autorizase aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, pero ante a demanda dun empresario do Polígono do Rebullón que conovo Plan Xeral de Mos queda fora do termo municipal mosense e pasa a pertencer a Vigo,-pero que quere seguir pertencendo a Mos-, a administración local mosense iniciou o trámite administrativo de deslinde necesario para que no PXOM prevaleza o límite histórico de 1890 con Vigo e non o do IGN.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete