Aprazada a Ginkana Solidaria por Páramos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A súa celebración estaba prevista para esta fin de semana pero un permiso de última hora impide que siga adiante

 

Desde a organización do evento queren achegar ao público a decisión obrigatoria que se viro obrigados a tomar, aprazar a Gincana solidaria que se ía celebrar esta fin de semana no monte das Penizas, no Concello de Tui. 

A petición foi presentada por rexistro de entrada do 31 de decembro e entregaron toda a documentación solicitada, o día 7 de xaneiro.

A razón de suspendelo é un permiso que nos requeriu o concello fai uns días, do cal non tiñábamos constancia antes, e que tampouco nos foi precisado antes. Todas as administracións delegaron responsabilidades no Concello; ata o día de hoxe o concello fíxonos saber que é competencia da Consellería de Medio Rural.

"A falta de coñecementos da Administración Pública foi a que nos fixo aprazar dito evento" indican os seus organizadores, que puntualizan na versión de D. Carlos Padín "que él ten que cumprir coa lexislación vixente por pouco sentido que teña".

Agradecen a gran aceptación que tivo o evento tanto entre colaboradores como pilotos e, próximamente, manteran unha reunión para acordar unha nova data.

Dende a organización da proba insisten en que "é lamentable que nunha causa como esta, a Administración sexa quen poña as trabas. Os organizadores perderemos o diñeiro xa adiantado de seguros e proveedores, pero non desistiremos".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete