Convocatoria a concurso aberta para o Festival de Cans

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A inscripción será este ano gratuita e estará aberta ata o 3 de marzo, tendo todos os premios dotación económica por vez primeira na historia do festival alcanzando ata os case 9.000 €

Súmase un novo premio para a mellor dirección de fotografía, un xeito de estimular una nova e ineteresante xeneración de profesionais que está a emerxer

 

 

En Cans xa se traballa para a XVI edición do Festival, que este ano se celebrará entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. A partir de hoxe, martes 8 de xaneiro, o Festival abre o período de recepción de obras para os seus recoñecidos concursos de curtametraxes (ficción, animación, non ficción) e  de videoclips, aínda que tamén estará aberto a recibir longametraxes ou outro tipo de obras para formar parte da programación do resto de seccións do festival.

A inscripción poderase realizar de xeito totalmente gratuito a través da web do Festival de Cans, www.festivaldecans.gal e o prazo de inscripción estará aberto preto de dous meses, ata o domingo 3 de marzo.

Por vez primeira nos dezaseis anos de historia do festival, todos os premios terán dotación económica, ata chegar á cifra total de 8.900 €, o que supón un aumento de mil € con respecto á pasada edición. A partir desta edición o premio do Xurado dos veciños e veciñas terá dotación económica e, ademais, comezará a recoñecerse tamén a mellor dirección de fotografía das obras a concurso coa finalidade de estimular unha interesante xeración de profesionais que está a emerxer.

A organización considera que é un esforzo que debe asumir, e ratifica así o seu compromiso co apoio e promoción de novas creadoras e creadores, aos que irá destinada esta dotación económica. Deste xeito, os distintos xurados e o público do Festival outorgarán un total de trece Cans de Pedra, o singular galardón do festival, que este ano irá acompañado de premios en metálico en todas as categorías.

O máis relevante será o Premio do Xurado á Mellor curta de ficción dotado con 2.000 €, seguido do Premio do público á mellor curta e o Premio do Xurado á Mellor curtametraxe de animación, dotados con 1.500 € cada un. Ademais, Cans mantén a súa aposta pola categoría de non-ficción, denominada Furacáns, que terá un premio otorgado polo xurado de 1.000 €.

Na pasada edición, a inclusión desta categoría que premia as narrativas cinematográficas máis arriscadas, supuxo un enorme éxito e desde a organización agárdase que continúe medrando nesta edición. O Premio do Xurado ao Mellor videoclip estará dotado con 500 €, e o Premio do público ao mellor videoclip con 300 €. O resto das categorías premiadas, terán todas unha dotación de 300 €: Mellor interpretación femenina, Mellor interpretación masculina, Mellor banda sonora orixinal, Mellor realización, Mellor guión, Mellor curtametraxe (elixida polo xurado das veciñas e veciños) e Mellor dirección de fotografía, que se incorpora nesta edición.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete