O Club Xadrez Mos celebrou o seu V Torneo de Nadal Sub-2200

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tivo lugar durante a última fin de semana do ano 2018 e durante os dous días de duración reinou un grande espírito de deportividade

 

 

A V edición do Torneo de Nadal Xadrez Mos celebrouse durante a última fin de semana do ano 2018, os días 29 e 30 de decembro, nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.

Dende a directiva do Club Xadrez Mos declararon a este respecto que “un ano máis gozamos de dous días de boxadrez, deportividade e un ambiente festivo idóneo para gozar da nosa paixón. Queremos mostrar o nosoa gradecemento ao Concello de Mos e ao Centro Dotacional de Torroso, pola súa aposta continua polo xadrez, facilitando o desenvolvemento de todas as actividades do noso Club”.

Dende o Club non quixeron deixar de agradecer “aos patrocinadores deste evento, permitindo que ano tras ano, grazas ás súas achegas, melloremos as condicións deste torneo. A toda a familia do Club Xadrez Mos: pais, nais, avós, avoas, amigos, amigas... motor fundamental deste club. Sempre dispostos a botar unha man. Grazas pola súa entrega. E por suposto, a todos os participantes pola súa deportividade. Polo ambiente familiar vivido durante os dous días de competición. E pola súa entrega no taboleiro partida a partida”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete