Obras nas Escolas de Rubiós e Taboexa

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello trata de subsanar o deterioro e deficiencias xeradas co tempo e uso 

 

O Alcalde das Neves vén de supervisar as obras que se están a facer na Escola de Rubiós que teñen coma obxectivo, coma as que se levan adiante tamén na Escola de Taboexa, a mellora destes inmobles para continuar prestando o seu uso educativo.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez comprobou que están a atallarse os problemas de humidade do edificio, así coma a de falla de illamento térmicos nas aulas, a mellora e reposición do chan e a colocación dun novo lavabo.

Para facelo posible haberá dobre fiestra en cada unha das aulas, conservando as xanelas de madeira e colocando unhas novas metálicas corredoiras. Así mesmo, está prevista a colocación dun  tras-dosado interior de fábrica de ladrillo con cámara de aire e illamento e un aspirador nas chemineas das aulas, un falso teito no baño da aula principal, “para baixar a súa altura e mellorar o seu funcionamento térmico”.

Ao mesmo tempo, estanse a acometer traballos de mellora na instalación eléctrica, de calefacción e iluminación, mediante a renovación da mesma, a colocación de pantallas LED, un circuíto de alumeado de emerxencia e a colocación de novos radiadores e emisores térmicos.

Do mesmo xeito, sinala o alcalde, “estamos co mantemento da cuberta, incluíndo a substitución de xacias, pontóns e ripas en mal estado, así como de tellas rotas”.

Na Escola de Taboexa, procédese a colocación dun novo tabique divisor entre a entrada e os aseos, o pintado de teito do soportal exterior e a situación dun novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete