A Interruning do Porriño celebrarase a pesar das desavenencias entre os organizadores e o Concello

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tras dar a coñecer a organización do evento deportivo o abandono da mesma o Concello do Porriño anuncia que asumirá -sen intermediarios- a organización da proba

 

 

Dende a organización da Interruning, facían público o malestar e disconformidade co Concello do Porriño na celebración desta proba anual, manifestando o seguinte:

"Después de 12 años, una de las pruebas más importantes de Galicia en la distancia de 10 km, con una participación cercana a los 3.000 atletas, deja de organizarse por desavenencias con el gobierno local y en particular con el concejal de deportes.

En los últimos años hemos tenido muchos problemas y desacuerdos para sacar adelante la Interrunning en Porriño, somos un grupo de amigos que montamos esta fiesta del atletismo con el único objetivo de potenciar el deporte en la comarca. Con el tiempo esta prueba se hizo muy popular, hasta el punto de considerarse por la FGA una de las carreras populares de 10 km más importantes y exitosas de la Comunidad Gallega; por lo que no estamos dispuestos a pasar, es por ridiculizarnos o tratarnos como mentirosos, no vivimos de organizar eventos y tenemos una dignidad que está por encima de las decisiones del Ayuntamiento.

Sin más queremos despedirnos dando las gracias a todos los patrocinadores y colaboradores que hicieron posible durante estos 12 años la celebración de la Interrunning, por supuesto no nos queremos olvidar de los atletas, sin ellos ninguna carrera se hace grande".

A alcaldesa, Eva García de la Torre, e Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, amosaron a súa estupefación logo de coñecer a decisión, unilateral, dos responsábeis da Interrunning de non seguir organizando esta proba no Porriño, logo de 12 anos.

García de la Torre e Carrera lamentan esta decisión e rexeitan as formas nas que vén de anunciarse a mesma por parte dos -ata hoxe- organizadores nas redes sociais e sen contactar en momento algún, dende a finalización das carreiras deste ano, nin co concelleiro de Deportes, nin coa alcaldesa para exponer as posibles diferencias ou discrepancias que puidesen ter co Concello do Porriño.

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes subliñan que nunca, en ningún momento nin de xeito algún, os organizadores da Interrunning trasladaron queixa, desencanto ou problema pola actuación do Concello: ao contrario, especialmente este 2018 amosáronse moi satisfeitos porque foi a edición na que máis atletas participaron.

Eva García de la Torre e Manuel Carrera lembran que a colaboración do Goberno Local e do Concello do Porriño foi total coa Interrunning, tanto no que se refire nas achegas para esta proba -que na última edición subiron ata os 15.000 €-, coma medios materiais e humanos ou a actuación de voluntarios, membros de Protección Civil do Porriño e axentes da Policía Local, para facer posible que a proba puidese disputarse.

En calquera caso, o Goberno local, que deplora a deslealdade co Concello do Porriño e cos porriñeses por parte dos responsábeis desta cita, non consentirá que os milleiros de deportistas que participan cada ano se vexan defraudados e, por tanto, na vindeira edición o Concello asumirá directamente a organización da Interrunning do Porriño. “Non imos a tolerar que mediadores, intermediarios ou xestores externos nos poñan na picota por temas externos completamente, á Alcaldía e ao Goberno Local”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete