O Concello do Porriño firma un convenio para a mellora da mobilidade e seguridade coa Deputación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O organismo provincial achega mais de 400.000 € que se invertirán na rúa Doantes de Sangue e a súa contorna

 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asinaron este luns pasado, no Pazo Provincial, un convenio de de colaboración para a execución e financiación dun proxecto beneficiario do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse), impulsado pola Deputación e dos que resultaron tamén beneficiados outros 9 concellos, representados polas súas alcaldesas e alcaldes.

O Porriño desenvolve, indicou a alcaldesa “a mellora da mobilidade e seguridade viaria na rúa Doantes de Sangue e a súa contorna”, que contará cun orzamento total de 499.815,87 €, dos que a Deputación pon 424.843,87 €, o 85% do total; e o Concello do Porriño, 75.000 €, o 15% restante.

A presidenta da Deputación, subliñou que o Plan DepoRemse “continúa no obxectivo do Goberno provincial de implementar en toda a provincia un modelo de territorio baseado na seguranza viaria, na mobilidade, na accesibilidade universal e na recuperación do espazo público”.

Pola súa banda, a alcaldesa salientou que “é moi importante no Porriño, o segundo concello que máis medra de Galicia e que está xa nos 20.000 habitantes, que as noas veciñas e veciños conten con espazos máis amplos, abertos, humanos e amábeis, nos que ‘facer vida’, nos que moverse, estar e relacionarse e facelo sen atrancos, sen barreiras e sen perigos”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete