A Escola Infantil de Ponteareas estrea cuberta

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A concellería de Benestar Social instala unha cuberta de 140 m2 no patio da escola infantil

 

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera remata as obras de instalación da cuberta do patio da escola infantil.

Benestar Social ultima esta obra logo de obter unha axuda da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos fondos FEDER da Unión Europea por valor de 15.000 €, para a instalación de varios toldos de estrutura triangular que cubren arredor de 140 m2 con dous toldos retráctiles e tres fixos de cores variadas.

Carrera adianta que en canto a climatoloxía o permita estenderanse os toldos desta estrutura tan demandada por esta comunidade escolar e tan necesaria tanto para garantir a sombra na tempada estival como para protexerse da chuvia.

O alumnado da escola infantil contará con máis espazo para o seu tempo de lecer e para as actividades ao aire libre.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete