Os IV Bocados de Outono reparten aventuras, gastronomía e augas termais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A concellería de Comercio e Hostalería entregou os tres premios da cuarta edición da ruta gastronómica por doce locais de Ponteareas

 

 

A concelleria de Comercio, Hostalería e Consumo que dirixe Inés Vidal entregou os premios da cuarta edición do roteiro gastronómico Bocados de Outono.

Logo de realizar un sorteo público ao que asitiron algúns dos hostaleiros do roteiro sendo os encargados de exercer de man inocente, a concellería procedeu onte á entrega dos tres grandes premios finais.

Unha vez máis en presenza dalgúns dos doce hostaleiros participantes, Inés Vidal entregou o primeiro premio a Fernanda Tellado que desfrutará de catro entradas para o ecoparque multiaventuras de Marín.

O segundo premio de Bocados de Outono foi para Sonia Miguélez que resultou agasallada con dúas entradas e cea para dúas persoas no Palacio de Auga de Mondariz.

O menú degustación para dúas persoas no restaurante A Xanela Gastronómica foi para a terceira premiada, Almudena Iglesias.

Inés Vidal agradece tanto á clientela como aos locais participantes a súa implicación nesta divertida ruta gastronómica que permitíu degustar produtos de outono e descubrir algúns dos pratos máis saborosos que a hostalería ponteareá ten para ofrecer.

Promocionar a hostalería de Ponteareas e dinamizar a oferta lúdica son os obxectivos deste roteiro gastronómico que este ano entregou ademais vinte vales de 20 € para consumir nos locais participantes.

No peche desta edición, a hostalería participante e a concellería estudan xa novidades e sorpresas para a vindeira edición ao resultar estas tres fins de semana de Bocados de Outono un novo éxito con récords de clientela.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete