Xa se atopa aberto o prazo de inscrición no 1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello pon a disposición dos interesados as bases de participación, así como os requisitos ou os premios

 

O Concello abriu este luns, día 3 de decembro e ata o vindeiro día 14, o prazo de inscrición no 1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño que terá lugar o vinddeiro 1 de xaneiro de 2019.

Bases do I Concurso de Rondallas:

Primeira.- A Concellería de Festexos do Concello do Porriño organiza o I Concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2019, ás 18:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño.

Segunda.- Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
O número máximo de agrupacións participantes limítase a 10 (dez). Como único criterio de selección estabelécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño.
Aquelas inscricións realizadas antes ou despois do prazo estipulado nestas bases non serán admitidas calquera que sexa a causa.

Terceira.- As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, no impreso normalizado que se achega ás bases, dende o 3 ao 14 de decembro de 2018, ambos inclusive. Así mesmo, deberase acompañar á inscrición, unha certificación bancaria e fotocopia compulsada do CIF ou NIF segundo proceda.
As bases publicitaranse a través de anuncio nos medios de comunicación local nos días previos ó comezo do prazo e estarán a disposición dos/as interesados/as no citado rexistro e na páxina do Concello: https://oporrino.org/.

Cuarta.- Os premios do concurso serán os seguintes:
1º clasificado: 1.500 €.
2º clasificado: 1.000 €.
3º clasificado: 500 €.
Todos os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.

Quinta.- As agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso.
No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño.

Sexta.- A orde de actuación no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño das rondallasinscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará na Casa do Concello do Porriño o día 17 de decembro ás 12:00 horas. Recoméndase que a este sorteo acuda un/unha representante de cada rondalla inscrita.

Sétima.- Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas.
O tempo dispoñible computarase dende o momento no que as agrupacións comecen a interpretar a primeira peza.

Oitava.- Estabelécense as seguintes penalizacións por exceso de tempo:
10 puntos.- polo primeiro minuto ou fracción
20 puntos.- polo segundo minuto ou fracción
30 puntos.- polo terceiro minuto ou fracción Descualificarase inmediatamente a unha agrupación nos seguintes casos:
✔ cando o exceso de tempo supere os tres minutos;
✔ cando figuren na pista menos de 40 compoñentes;
✔ cando entre os seus compoñentes ou concursantes, figuren “majorettes”.

Novena.- Os himnos oficiais dos estados e das comunidades autónomas non poderán ser incluídos nos repertorios que executarán as rondallas participantes.

Décima.- A rondalla gañadora do concurso terá que actuar un día a convir por ambas partes, a organización e a agrupación, durante as festas de Nadal nas rúas do Concello do Porriño.

Décimo primeira.- O xurado do concurso cualificará entre 0 e 16 puntos cada unha das agrupacións, valorando os seguintes elementos:
a) Criterios relacionados coa cultura tradicional e popular galega (valoración máxima 10 puntos):
- Instrumentación musical tradicional: máximo 4 puntos
- Repertorio musical: máximo 4 puntos
- Vestimenta de toda a rondalla: máximo 2 puntos
b) Outros criterios (valoración máxima 6 puntos):
- Evolución e coreografía en pista: máximo 2 puntos
- Instrumentación musical xeral: máximo 1 punto
- Número de compoñentes: de 40 a 60 – 1 punto; de 60 a 80 – 2 puntos; de 80 a 120 – 3 puntos.

Décimo segunda.- O xurado do concurso, nomeado por resolución da Alcaldía, estará composto polos seguintes membros, en número impar:
Presidente/a: A alcaldesa-presidenta ou persoa en quen delegue
Vocais:
- dúas persoas relacionadas coa música, danza, etnografía, folclore ou cultura tradicionais galegos.
- un/unha representante das rondallas participantes.
- Un/dous representante/s do Concello.

A composición do mesmo variará para obter, en todo caso, un número impar de membros con voz e voto.
Secretario: Un funcionario do Concello do Porriño, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso que se achegan no anexo a este convenio. O presidente do xurado dispón tamén de voto de calidade para resolver os posíbeis empates.

Décimo terceira.- A concelleira de Festexos mailo xurado do concurso quedan facultados para resolver as posíbeis eventualidades e dúbidas que puidesen xurdir, non previstas nestas bases.

Décimo cuarta.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha destas bases. A decisión do xurado será inapelábel.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete