Eva García de la Torre pide a súa baixa "temporal" coma militante do PSdG-PSOE

Ratio: 1 / 5

Inicio activadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A través dun comunicado de prensa urxente, esta noite dende o Concello do Porriño trasladábase a súa decisión 

 

"A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de solicitar a súa baixa temporal coma militante do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) en tanto non se resolva o procedemento xudicial no que ten que declarar o vindeiro día 22 deste mes.

García de la Torre toma esta decisión no seu desexo de salvagardar e defender o bo nome do PSdG, formación da que forma parte dende hai moitos anos.

Eva García de la Torre seguirá á fronte do Goberno local do Porriño na súa firme confianza na xustiza e o seu total convencemento de que o procedemento xudicial no que está inmersa será favorable para ela, dada a súa inocencia.

No mesmo momento no que sexa  exonerada de responsabilidade, pedirá o seu reingreso no Partido dos Socialistas de Galicia e optará á designación coma candidata do mesmo á Alcaldía do Porriño nas Eleccións Municipais de maio de 2019".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete