As Neves da continuidade ao asfaltado de camiños

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, neste caso en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan

 

A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 destes puntos co tráfico pechado. Aquí reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.

Nese mesmo tempo tamén se actou no paso ao barrio de Portela en San Xosé de Ribarteme onde entre o regato, o tempo e vehículos pesados se danou a ponte. Reparánronse canalizacións, muros e asfalto. Tamén en Caneiro en Taboexa foi preciso reparar un muro onde o regato e repoñer asfalto.

Meses maís tarde a actuación foi en Miranciños en Vide e en Costa en Setados. No primeiro conectando o barrio co de Viñas a través da adecuación dun camiño xa existente. O segundo asfaltando de novo o camiño que conecta parte do barrio coa PO400.

Agora os traballos centránse en tres puntos. Nas Neves nos barrios de Garavisco e Aldea, asfaltando os tramos que conectan coa estrada provincial EP4204 Estación-As Neves. En Tortoreos no barrio da Chan actuando nun tramo que comeza na PO415 e que nos pode levar a Pedroso ou Redondelo. Tamén en Carrasqueira en Taboexa se repararán dous tramos moi próximos a autovía A52 que dan acceso entre outros ao campo de fútbol e ao circuíto de motocross.

Os vindeiros proxectos permitirán actuar en lugares como Calvario, Casal e na pista de San Pedro a Pousadouro.

 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete