GañaMos sinala o interés de photocall de Arévalo por enriba das necesidades dos veciños

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende a agrupación acusan o alcaldesa de Mos  de priorizar no seu propio interés e non as necesidades da veciñanza ou a utilización racional dos recursos

 

O grupo de oposición mosense reitera que "o Partido Popular só pensa en inaugurar para saír na foto e no titular sen pararse un intre a facer as cousas con sentidiño".

Dende GañaMos reseñan especialmente tres exemplos "destes disparates que ademais teñen un coste económico para a veciñanza".

Respecto ao transformador existente no parque infantil do Multiusos das Pozas, indican que "Hai un ano cando o goberno municipal anunciou que ían facer un parque infantil ao carón do Multiusos das Pozas, dende o Grupo Municipal GañaMós alertamos que a beira desta parcela hai unha subestación de transformación eléctrica non soterrada; e indicamos a necesidade de solicitarlle á compañía eléctrica que tomara as medidas pertinentes para paliar os efectos prexudiciais para a saúde das ondas electromagneticas de alta intensidade, que produce unha estación transformadora destas características. Por desgraza o goberno municipal do PP non fixo nada para subsanar esta circunstancia e os nenos e nenas que van a este parque xogan expostos a radiación electromágnetica".

En referencia do novo parque infantil que se está a construir en Puxeiros, dende Gañamos critican "o anuncio da construción dun parque infantil no Campo da Feria en Puxeiros, cando xa hai un parque infantil en bo uso a 10 m do que pretenden facer ao outro lado da rotonda. Hai demandas veciñais que se poden atender facendo unha cancha de minifubito, de baloncesto, de petanca ou mesmo un ariéiro para cativos; antes de duplicar un parque infantil, xa que toda a zona de Portela e Puxeiros carece de  instalacións deportivas municipais; pois se non fora polo CSCD As Pedriñas, a veciñanza non tería un lugar de esparcemento e lecer. En vez de recoñecer o erro, Arévalo saiu na prensa decindo que o parque existente é moi sombrio e que facer un parque novo, era unha petición da asociación de veciños da Portela. Se este parque é sombrio o lóxico e podar as árbores que fan sombra ou por un paramento, como o de calquera cancha deportiva, na bocana pola que corre o vento atravesado típico de Puxeiros, ademais no emplazamento do novo parque non se resolven estos problemas xa que tamén é unha zona arbolada e ainda máis exposta ao vento. Maior misterio ten a petición da asocación de veciños da Portela, xa que eles descoñecen este asunto e ademais hai tempo que está asoiación está parada".

E cómo última comparativa o Parque da Pesqueira, como GañaMos denomina "un novo despropósito, pois algunhas aínda se pensan que poden dominar o río Louro e esquecen as inundacións e destrozos de anos pasados. Increible que a estas alturas aínda se constrúan parques nas zonas declaradas inundables. A construcción deste parque da Pesqueira pegado ao río Louro, nunha zona que tense anegado no pasado coas crecidas do río, é o derradeiro disparate deste goberno municipal do Partido Popular. Parece que a Arévalo pouco lle importa qué ou cómo se fan as cousas, con tal de saír na foto. De despropósito en despropósito".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete