As Árbores Senlleiras protagonistas do outono mosense

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Onte inaugurouse no Pazo de Mos unha exposición sobre os exemplares singulares da provincia

 

Este xoves inaugurábase no Pazo de Mos a exposición As Nosas Senlleiras, Árbores Singulares da Provincia. No acto inaugural estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o  concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez, a deputada provincial, Eva Vilaverde Pego, e 40 nenos e nenas mosenses alumn@s de 5º curso de Primaria do CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos).

A mostra, promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, permanecerá aberta ao público ata o día 24 de novembro. O horario de visita desta exposición é de 17.00 a 21.00 horas.

A exposición As Nosas Senlleiras foi deseñada no Servizo de Cultura da Deputación en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Componse de 35 paneis de pvc de 80x60 cm aproximadamente, con imaxes e datos das árbores máis significativas da provincia. Inclúe tamén un mapa onde van sinaladas as árbores nos seus respectivos Concellos e outro panel sustentante de maior dimensión cun texto introductorio. O resto de paneisvan colgados na parede. Estes paneis acompáñanse dunha selección de árbores pequenas, en macetas, de xeito que a mostra resulte máis atractiva e didáctica, especialmente para os nenos e nenas.

A maiores, esta mostra conleva una actividade complementaria para os cativosao cargo de Anxo Moure e titulada Verbas do Monte, na que se pon en valor o monte, o cuidado das árbores, os seus nomes e en xeral incídese no coidado da natureza. O teatro infantil a cargo de Anxo Moure que representará Verbas do Monte (As NosasSenlleiras) terá lugar ás 12.00 horas do domingo 18 de novembro no Pazo de Mos. Mesmos data e lugar nos que se celebrará a Gran Degustación das Xornadas Micolóxicas de Mos 2018, xa que esta exposición atópase enmarcada dentro da programación municipal que xa é toda unha tradición mosense da estación de outono.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete