GañaMos advirte sobre a nova Relación de Postos de Traballo de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo da oposición apunta que se o PP "volve a facer unha RPT para enchufar ou promocionar aos seus, volveromos a ir á xustiza e volveremos a impugnala"

 

Dende GañaMos, respecto da RPT "Queremos lanzar unha mensaxe clara para o Partido Popular: se volven a facer unha nova Relación de Postos de Traballo para enchufar aos seus, volveremos a impugnala. Non imos consentir que convertan máis aínda o concello no seu chiringuito con coste a cargo da veciñanza.

A Xustiza xa nos deu a razón na anterior RPT, ao declarala nula por crear postos de traballo inxustificados e otorgar complementos salariais arbitrariamente. 

Parécenos increíble que despois da dura sentencia ditada pola xustiza contra o enchufismo do Partido Popular, -na que textualmente a xuiza acúsalles de actuar con arbitrariedade, con discriminación e inxustiza- o goberno municipal do PP, para disimular o seu enésimo desastre, diga que a impugnación da RPT foi un capricho de GañaMós sin respaldo dos traballadores ou dos sindicatos.

Non foi un capricho se non unha necesidade de empezar a rexenerar e limpar as institucións e así o reflicte o ditamen da sentenza; ademais foron traballadores e representantes sindicais os que foron a testificar no xulgado en contra da RPT. 

Unha vez máis o Partido Popular en vez de rectificar monta un guirigai mediático na prensa saíndo por onde pode. Primeiro que van alegar contra a sentenza, logo que van a facer outra RPT nova e despois todo xunto e rovolto. Iso sí todos estos bandazos con cargo ao erario público.

Se por algo dimos o paso adiante de meternos na política municipal foi para impedir estas prácticas corruptas.

Sabemos que o Partido Popular quere facer rehens ao resto das e dos traballadores no seu afán por colocar ou promocionar a súa xente de xeito ilícito pero tamén sabemos que a inmensa maioria non aproba estas prácticas corruptas".

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete