O obradoiro de emprego Porriño Social forma a 16 jóvenes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo -O Porriño, Vigo, Mos, Redondela e Moaña-

A Xunta mantén o seu compromiso cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais do tecido empresarial investindo, en 2018, 135 millóns de euros tanto en cualificación como en orientación

 

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse este mércores ata o edificio multiusos do Porriño para felicitar ao alumnado que participa no Porriño Social, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello.

O representante autonómico puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica cunha nova programación de obradoiros, 105 na convocatoria 2018-2019, que busca impulsar a empregabilidade de 2000 persoas en Galicia, incrementando nun 25% os fondos destinados a este programa. Tamén acudiu ao acto o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

López-Chaves, quen animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo”, fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego con 135 millóns de inversión en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral.

En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”. Así, subliñou que dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo.

En concreto, son beneficiarios desta iniciativa xunto con Porriño (Porriño Social), Vigo (Formaweb e Maiv-Garantía Xuvenil), Mos (Mocidade II),  Redondela (Redempreg@) e Moaña (Moaña Moza). O número de alumnos é dun máximo de 16 e a duración da formación e emprego de 6 meses. A Xunta destina a estes obradoiros máis dun millón de euros.

Respecto ao Porriño Social, a Administración autonómica destina a este taller, no que se formarán 16 alumnos en atención sociosanitaria a persoas con dependencia no domicilio e institucións, máis de 154.000 €.

Asemade, o delegado da Xunta apuntou aos máis de 2 millóns de euros que a Consellería de Economía Emprego e Industria  destina aos obradoiros duais na área territorial, neste caso en colaboración cos concellos de Vigo, Gondomar, Baiona, Nigrán, Redondela, Mos, Soutomaior, Pazos de Borbén, Cangas e Moaña. Unha oportunidade, afirmou, para que os seus 140 beneficiarios vexan incrementadas as oportunidades laborais. En total puxéronse en marcha 7 obradoiros duais a través dos que o alumnado conta cun período de formación de nove meses e a posibilidade, segundo sexa o caso, de contar cun contrato laboral posterior de alomenos outros 3 meses.

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete