O Goberno Local culpa ao PP do Porriño do impago das facturas pendentes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa e o Tte. de alcalde amosaron os adeudos que os proveedores teñen pendentes de cobro sinalando como responsable ao Partido Popular

 

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde, Manuel Carrera, compareceron este mércores en rolda de prensa para sair ao paso do que a rexedora cualficou de “mentiras e insidias” do Partido Popular local que, nas últimas datas, acusou, por medio do seu presidente, Manuel Alejandro Lorenzo, ao Goberno local de ‘fraude’ en relación coas facturas pendentes de pago a proveedores do Concello.

García de la Torre adiantou que esta sería a “primeira e única vez” que respostaría aos populares sobre este tema que, lembrou, xa explicara voluntariamente diante do Pleno da Corporación e no que, sinalou amosando a resolución, fora xa arquivado polo Tribunal de Contas en xaneiro deste mesmo ano.

A alcaldesa amosou as caixas coas “numerosas” sentencias xudiciais que condenaron ao Concello do Porriño, durante o mandato do anterior goberno, do cal Manuel Alejandro Lorenzo era concelleiro, ao pago de facturas a distintas empresas e autónomos por servizos prestados e que non foron abonados polo propio Concello, e ofreceu aos xornalistas unha relación, moi polo miúdo, dos recoñecementos xudiciais de creto impulsados polo goberno presidido por Nelson Santos, entre 2010 e 2014, e que supuxeron o pago por parte do Concello do Porriño de más de 9,5 millóns de euros en facturas.

García de la Torre e Carrera lembraron que “na máxima expresión do cinismo, do descaro e da sinvergoña” o Partido Popular fora quen de, primeiro votar en contra no Pleno da Corporación de pagar 1,7 millóns en facturas xeradas durante o seu mandato e, de seguido, denunciar diante do Tribunal de Contas a resolución da propia Corporación na que se aprobaba o pago das devanditas facturas, “un feito inédito que amosa que o PP está disposto a todo con tal de paralizar o funcionamento do Concello, un comportamento que só e exclusivamente perxudica ás veciñas e veciños do Porriño”.

Como proba deste proceder do Partido Popular, García de la Torre amosou os xuros e gastos de más de 525.000 € que o Concello do Porriño tivo que abonar “pola teima do anterior Goberno local” de non cumprir cunha sentencia xudicial do ano 2009 que condenaba ao Concello a pagar unha cantidade de pouco máis de 533.430 €. “Esos 525.000 € abranguen 28.319 € en costas e 32.650 € en gastos de avogados” á vista desta sentencia.

A alcaldesa e o tenente de alcalde quixeron deixar claro, “para tranquilidade dos porriñeses, e dos nosos proveedores” que  O Porriño é un concello solvente que tén máis de 9 millóns e medio de euros ‘no banco’ logo de que o actual Goberno municipal herdase unha débeda de 1,3 millóns e sinalaron, directamente, ao Partido Popular de ser o responsable, “fundamental e a sabendas do que fai”, de evitar o pago das facturas pendentes ás pequenas empresas e autónomos que prestaron os seus servizos ao Concello e que agora, “por ese bloqueo, constante e interesado do PP” terán que cobrar esas débedas por vía xudicial o que fará que as porriñesas e porriñeses teñan que pagar “ademáis desas débedas, intereses de demora e custos dos xuizos”.

Eva García de la Torre e Manuel Carrera adeiantaron que o vindeiro luns, día 12, o Goberno local proporá á Corporación o recoñecemento extraxudicial de creto por un total de 1.780.000 € en facturas que adebeda o Concello na actualidade, na súa meirande parte a pequenas empresas e traballadores autónomos do Porriño e pediron de novo, ao PP, que non impida que as mesmas “cobren por uns subministros e servizos que teñen prestado ao Concello”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete