Mos homenaxea aos seus Campións de España e do Mundo de Motonáutica

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

José Lorenzo e o seu fillo Yeray, da parroquia de Tameiga, compiten xuntos como piloto e copiloto dende o ano pasado

 

O salón de sesións do Concello de Mos acolleu esta tarde a recepción ao mosense Campión do Mundo e de España do presente ano 2018 de Motonáutica Endurance Class B, José Lorenzo Gómez, que gañou ambos títulos co seu fillo Yeray Daniel Lorenzo de Amorín, como copiloto.

No acto de recibimento aos campións, estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, e demais membros da Corporación Municipal.

José Lorenzo, natural de Bosende, parroquia de Tameiga, aos seus 47 anos leva a meirande parte da súa vida competindo en Motonáutica pero noutras categorías. En marzo de 2017 comezou a competir en Endurance Class B co seu fillo Yeray, de 18 anos de idade.

Yeray estuda programación informática e dende cativo acompañaba ao seu pai no mar, polo en canto tivo a idade para facelo, sacou a licenza para poder entrar a competir xunto ao seu proxenitor.

A pasada tempada, a súa primeira xuntos como parella de competición ademais de pai e fillo, correron cunha lancha prestada e, aínda así, conseguiron os títulos de subcampións de España e de Europa.

No presente ano 2018 comezaron competindo coa mesma lancha prestada e a primeira proba puntuable para o Campionato de España, celebrada en Benalmádena, gañárona con ela. A seguinte carreira, tamén puntuable para o Campionato de España e celebrada en Almuñécar (Granada), foi xa coa súa propia lancha e quedaron terceiros ao atoparse aínda habituándose á súa nova embarcación.

Esta nova lancha coa que correron este ano e que os levou a erixirse Campións de España e do Mundo, é unha embarcación tamén mosense, xa que foi construída en Mos, no Polígono de Monte Faquiña en Puxeiros, pola empresa CBS. Empresa da que é socio Lorenzo e na que xestiona os procesos de deseño e construción.

Esta empresa construiu outras 7 embarcacións motonáuticas que este ano participaron nos Campionatos de España, Europa e Mundial; e con elas acadáronse os primeiro e segundo postos no Mundial e no Europeo; e o primeiro e terceiro postos no Nacional.

José Lorenzo e Yeray Lorenzo disputaron coa súa nova lancha tamén o Campionato do Mundo que se celebrou na Illa de Ischia (fronte á cidade italiana de Nápoles). O Mundial constou de tres carreiras durante unha mesma fin de semana, do 4 ao 7 de outubro de 2018. Destacan os campións que as malas condicións do mar, que son a súa especialidade e o que mellor se lles dá, foron as que lles deron a chave para a victoria no Mundial. Na primeira carreira estiveron durante toda a proba en cabeza, na segunda carreira encabezaron a proba ata a última volta na que os adiantaron e quedaron segundos, e na terceira carreira quedaron novamente segundos pero ese segundo posto aseguroulles o primeiro na xeral é, por ende, o ouro no Campionato do Mundo.

O trofeo de Campións do Mundo recibirano o vindeiro mes de febreiro en Mónaco, na Gala de Entrega de Premios aos Campións de 2018 que organiza a Federación Internacional de Motonáutica (IUN).

Por último, os pasados 27 e 28 de outubro disputouse a derradeira proba do Campionato de España en Sanxenxo. Na carreira do sábado 27 quedaron segundos por detrás do seu rival directo; e na do domingo 28, aínda que quedaron novamente segundos, situáronse por diante do seu rival directo e primeiros na xeral. Sumando un novo título, Campións de España de Motonáutica Endurance Class B 2018.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete