Novas accións formativas no Concello de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Atópase aberto o prazo de inscrición para seleccionar ao alumnado -persoas desempregadas (AFD)- e equipo docente

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Concello de Mos catro accións formativas destinadas a persoas desempregadas, por un importe total de 249.580 €.

Con isto, a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías pretende aportar unha formación de calidade que permita aos alumnos obter unha serie de habilidades e coñecementos que aumenten as súas posibilidades á hora de acceder a ofertas de emprego.O Concello de Mos segue a ser un gran promotor da formación para o emprego, desenvolvendo cada ano múltiples cursos formativos co fin de incrementar o nivel de inserción laboral das persoas desempregadas.

As catro accións formativas que se van a impartir serán as seguintes:

  • Dous cursos de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210) – 678 h. (Un en horario de mañá e outro en horario de tarde).
    • Nivel de cualificación: 2
    • Requisitos de acceso:
      • Estar en situación de desemprego.
      • Estar en posesión do título da E.S.O.
      • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
      • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional.
      • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
      • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
      • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 2.

 

  • Docencia da formación profesional para o emprego (SSCE0110) – 389 h.

Postos de traballo relacionados: formador de formación non regrada, formador de formación ocupacional non regrada, formador ocupacional, formador para o emprego e formador de formadores.

 

  • Mercadotecnia e compravenda internacional (COMM0110) – 768 h.

Postos de traballo relacionados: técnicos en comercio exterior, axente comercial internacional, técnico de marketing internacional, técnico de venta internacional e asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais.

 

  • Nivel de cualificación profesional de ambos cursos: 3
  • Requisitos de acceso a ambos cursos:
    • Estar en situación de desemprego.
    • Estar en posesión do titulo de Bacharelato.
    • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
    • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional.
    • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
    • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
    • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 3.

 

Estes catro cursos contarán con prácticas non laborais en empresas, onde os alumnos terán a oportunidade de desenvolver os novos coñecementos adquiridos ao longo da acción formativa nun ambiente real de traballo, que de seguro lles será de gran utilidade para o seu futuro profesional.

Todas estas accións formativas teñen os procesos de selección de alumnado, así como de docentes,  abertos, e a data de comezo será en breve, polo que calquera persoa interesada na participación nestas accións formativas debe facer a súa solicitude a través da oficina de emprego do Porriño -SEPE-, ou ben informarse no teléfono 986 487786 ou no correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete