GañaMos  resalta a "impostura demócrata" do Partido Popular

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo maioritario da oposición queixase  de que Arévalo abusa da súa posición de presidenta do pleno para interrumpilos ou quitarlles o uso da palabra e non deixar que rematen as suas intervencións

 

No noso Concello Arévalo é unha alumna aventaxada en pervertir as institucións, en abusar das atribucións dos cargos que ostenta para cohartar ás forzas políticas ou agrupacións veciñais que osan opoñerselle. Canto máis nos mostra esta señora o branco do seus dentes intentando aparentar talante democrático máis retorcen as súas mans as institucións que deberían dar cobixo aos ideais básicos de calquera democracia.

Termos como igualdade, imparcialidade, obxetividade ou veracidade son alleos, baleiros de significado aos representantes do Partido Popular no desempeño das súas funcións nas institucións que rexentan.

Isto o vimos padecendo o grupo municipal GañaMós dende o inicio da lexislatura, dende que nas pasadas eleccións grazas ao apoio das e dos veciños nos plantamos con 4 concelleiras/os faltando un puñado de votos para rematar co seu desgoberno.

Cando ainda eramos uns imberbes que apenas rabuñabamos a caixa de Pandora do Partido Popular mosense, xa recibimos o bautismo de lume cando Arévalo malencarada desprezou cun mal xesto ao noso voceiro que por cuestión de idade tocoulle entregarlle o bastón de mando municipal.

Dende aquela ata hoxe foi un crescendo sostenuto na inquina da mandataria do PP contra nós, non tendo escrúpulo algún en corromper as institucións, en desproveer de toda dignidade o cargo público que ocupa para intentar limitar a nosa acción política como principal partido da oposición. Certo que nós coa nosa evolución fumos acicate, atrás quedan os tempos nos que a palabrería de Arévalo nos despistaba, nos que éramos incapaces de ver a realidade que se agochaba detrás da cortina de titulares que desprega o Partido Popular.

Agora non só sabemos discernir a mentira propagada da realidade agochada, ademais aprendimos a comunicarnos mellor coa veciñanza, a amosar a verdade sobre o mito da boa xestión da dereita. Agora somos capaces de desmontar o relato de fotonovela no que tan confortablemente estaba instalada Arévalo e iso esvaneceu o seu sorriso impostado quedando a vista mandíbulas de afiados dentes.

Isto queda patente cando desenvolvemos a nosa acción política nos plenos da corporación mosense. Canto máis nos achegamos ás proximas eleccións municipais Arévalo acude aos plenos máis nervosa, incapaz de controlarse prevalece o seu alter ego: faltona, malencarada e abusando das atribucións de presidenta do pleno, ameazando constantemente con botarnos da sala interrumpe e corta as nosas intervencións arbitrariamente intentando quitarnos a palabra cando o que decimos a deixa en evidencia e por sistema negandose a contestar as nosas preguntas.

Na súa escalada bélica pasou de vetar as nosas mocións impedindo que se debatiran no pleno a intentar incluso impedirnos que  expoñamos ou argumentemos no punto de rogos e preguntas, o único resquicio polo que podemos falar do que realmente interesa as veciñas e veciños e pór de manifesto a nefasta xestión do Partido Popular.

Xa estábamos acostumadas as traballadas varias súas como suprimir da páxina de facebook municipal calquera fotografía dun acto público na que saíra algún membro do noso grupo político. De feito esto o levan a tal extremo que cando o Concello homenaxeu ao Club de Natación de Mos, do cal é presidente un concelleiro noso, nin o mencionaron no acto nin apareceu en ningunha das fotos coas que reseñaron posteriormente dito acto. Xa nin nos alteramos cando se nos achega algún veciño alertándonos de que algún representante do PP está difamando sobre alguén de nós, esto xa convertiuse nunha cansina monotonía.

Así que estamos seguros de que sortearemos tamén a Arévalo oficiando de Gestapo nos plenos. Non descoñecemos que non vai ter o máis mínimo rubor en utilizar a policía municipal para desaloxar a nosa palabra do pleno. Bueno, se nos levan ata aí, hai vida política a extramuros das institucións, aí onde nacidos, aí onde nos viron medrar.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete