O Concello de Mos deberá pagar mais de 12.000 € a un veciño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Manuel Rodríguez denunciou unha situación de inactividade en materia de disciplina urbanística na década de 1999 a 2009

O Xulgado fallou a favor de Manuel Rodríguez e obriga ao Concello a pagarlle ao denunciante en concepto de responsabilidad patrimonial

 

 

O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra ven de fallar en favor do denunciante, Manuel Rodríguez Alonso –veciño da mosense parroquia de Tameiga-, instando ao Concello de Mos a indemnizalo con 12.000 € -mais os intereses legais estabrecidos dende o 2016- en concepto de responsabilidad patrimonial por inactividade en materia de disciplina urbanística na década de 1999 a 2009.

Así o informou hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quen lembrou que durante eses anos non era ela rexedora local. Arévalo lamenta a situación vivida con este veciño nun caso no que ela non ten responsabilidade como alcaldesa, ao producirse a situación obxecto de denuncia antes de que ela chegara á Alcaldía do Concello de Mos.

Compre lembrar que Manuel Rodríguez chegou a ameazar de morte á actual alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e á concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, no marco deste proceso xudicial. Ameazas acompañadas de insultos, inxurias e calumnias polas que tivo interposta unha orde xudicial de alonxamento de ambas durante un ano e polas que se atopan en xuízo.

Arévalo declara ter vivido momentos de “verdadeiro medo a causa deste asunto ao ter que escoitar gritos e improperios por parte de Rodríguez nas inmediacións da Casa Consistorial” tendo que chegar a ser acompañada nalgún caso por un axente da Policía Local e atopar o seu vehículo “con constantes desperfectos como ovos que lle foran arroxados, escupitajos… etc.”

Lamenta polo tanto a alcaldesa de Mos todo este desagradable proceso vivido por unha situación que, ademais, se foi resolvendo a partir do ano 2011 quedando regularizada a situación das tres empresas que concretamente denunciaba Rodríguez. Das empresas denunciadas, Mecanizados Hermida atópase a data de hoxe pechada e trasladada con sentencia favorable ao Concello de Mos; Rube trasladou a súa actividade de almacenaxe e axústase actualmente á licencia municipal otorgada con sentencia favorable ao Concello -tanto do Xulgado coma do Tribunal Superior de Xustiza (TSX)-; e Miraflores, axústase actualmente ao recoñecemento de uso otorgado con auto favorable ao Concello tanto do Xulgado coma do TSX.

Polo tanto a rexedora local mosense conclúe lamentando de novo “que este señor se tome como algo persoal e trate de facerme a vida imposible por un problema sucedido cando eu non era alcaldesa, que precisamente sendo eu alcaldesa comezou a solucionarse, e que a data de hoxe atópase solventado e regularizado”. “Evidentemente os trámites de regularización non foron todo o rápidos que este señor quería, porque os expedentes non se tramitan nin se incoan dun día para outro, que era o que él quería; pero eu fun impecable en todo este proceso e en todo momento no Concello de Mos e no departamento municipal de Urbanismo cumprimos os prazos legalmente establecidos”, sentencia Arévalo.

Comentarios   
0 #1 House 19-10-2018 10:25
Oes! Que o Concello foi condenado a unha indemnización por responsabilidad e patrimonial... Algo de meter o expediente do señor Manuel no caixón habería, non?

Menudo periodismo facedes... Recollendo as declaracións dunha soa das partes...Tedes que poñerlle "publireportaxe " ou "propaganda electoral" no encabezamento.
Citar
Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete