Ventos do Val exhibe o talento coral mosense en Extremadura

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tras o intercambio cultural realizado a pasada fin de semana preparan o Concerto de Santa Cecilia que se celebrará o 18 de novembro no Multiusos

 

A Coral Polifónica Ventos do Val, da mosense parroquia de Petelos, realiza ao longo do ano varios intercambios culturais atendendo a peticións das agrupacións que así llo solicitan.

A Coral Ventos do Val, marcándose como obxectivo o de representar con orgullo ó municipio de Mos e cantar cancións do folclore galego fóra da Comunidade Autónoma, desprazouse ata Extremadura onde foi moi ben recibida.

Concretamente foi a pasada fin de semana, os días 12, 13 e 14 de outubro, cando os integrantes da coral mosense viaxaron a Extremadura visitando Cáceres e Mérida; e actuando no Concello de La Garrovilla.

Nasúa visita a Mérida os compoñentes da Coral Ventos do Val realizaron un ensaio no Anfiteatro Romano, polo que foron aplaudidos con entusiasmo polos moitos turistas visitantes que se atopaban no recinto deste emblemático conxunto histórico monumental.

Tras a actuación en La Garrovilla, a coral local e Ventos do Val cantaron xuntas O Voso Galo Comadre, e a coral de Petelos foi convidada a unha cea a base de productos típicos da zona. En agradecemento, o fin de festa correu a cargo dos membros de Ventos do Val, que realizaron a típica queimada galega.

Tras esta entrañable viaxe, Ventos do Val continúa coa súa axenda de actuacións musicais e o domingo 18 de novembro ás 18.00 h celebrará o tradicional Concerto de Santa Icía (Santa Cecilia) no Multiusos das Pozas. Acompañarán á coral de Petelos dúas agrupacións corais convidadas, a de Santa María de Pazos e Balde Rosa de Ponte Caldelas. Tamén contarán coa presencia do grupo de acordeóns da Escola de Música de Mos, Argonat Band.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete