O Porriño xa conta con 6 composteiros públicos

Ratio: 3 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase dunha acción do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que se acompaña de distintas charlas para explicar o seu uso

 

A Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, vén de poñer en marcha a instalación de 6 composteiros no barrio de San Sebastián, coma “primeira medida do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que permitirá a reciclaxe de restos orgánicos das vivendas do concello”.

Para a utilización dos composteiros, que estarán funcionando nun prazo de 10 días, o Concello organizará distintas charlas, que anunciará nos vindeiros días, para explicar as instruccións de uso dos mesmos.

Orlando Márquez, quen adianta que a instalación dos composteiros seguirá na Urbanización O Pinar, subliña que este sistema para converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural, “non esixe máis que uns 10 ou 15 minutos á semana, non ten custos de mantemento ou funcionamento e pode realizarse, sen molestias e sen cheiros, en calquera zona”.
O lixo diario que xeran os fogares contén contén máis dun 50% de refugallos orgánicos que poden reciclarse e retornar a terra en forma de ‘humus’ para plantas e cultivos, “por cada 100 quilos de lixo orgánico poden lograrse ata 15 quilos de compost”.

O concelleiro salienta que o uso dos composteiros permite aforrar gastos na recollida do lixo, “estímase que ao redor de 40 € por familia e ano”; evita o emprego de bolsas de plástico posto que “os refugallos orgánicos vértense directamente no composteiro, sen usar bolsa”, e reduce a contaminación: “en primeiro lugar a que causa o transporte do lixo e, segundo a que se produce ao queimar os refugallos”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete