"Depotermal 2019" contará con preto de 4.500 prazas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ao concurso público para xestionar o programa de termalismo presentáronse tres empresas das cales a que obtivo a maior puntuación foi ViajesHalcón

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación da contratación da xestión do programa “Depotermal 2019”, que ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra. A empresa que levará a cabo a execución e desenvolvemento do programa será Viajes Halcón S.A., tras ter acadado a máxima puntuación das tres empresas presentadas ao concurso público.

O programa de termalismo da Deputación de Pontevedra, que conta para o 2019 cun orzamento de 102.000 euros, impulsa o establecemento de novas relacións sociais, favorece a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potencia espazos de encontro e intercambio de experiencias e evita o illamento e situacións de soidade. Amaiscumpre co dobre obxectivo de promover o envellecemento activo ao tempo que dinamiza a economía da provincia, impulsando o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade e, polo tanto, desestacionalizando a demanda. 

En total, o vindeiro ano “Depotermal” ofertará 4.434 prazas -das que 434 serán gratuítas e estarán financiadas pola Deputación de Pontevedra, para persoas en situación e ou risco de exclusión social-.  O programa termal de asistencia diaria sen pernocta contará con 1.248 prazas -das que 248 serán gratuítas-; e do programa termal con pernocta ofertará 3.186 prazas -das cales 186 se reservarán de balde tamén-.

O programa de termalismo da Deputación está dirixido a persoas empadroadas na provincia, nadas antes do 1 de xaneiro de 1969, ou aquelas que, nacendo con posterioridade, son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou precisan dun respiro familiar.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete