Promoción da Igualdade nos centros educativos de Salvaterra de Miño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase dunhas xornadas dirixidas a alumnos de 5º e 6º de Primaria e 4º da ESO

 

O Concello de Salvaterra, en colaboración cos centros de primaria e o IES, ven de organizar unhas xornadas de promoción da igualdade entre os máis cativos, co fin de crear e facer conciencia sobre a igualdade no seu día a día.

Estas xornadas foron impartidas por persoal especializado na materia, e enfocadas á aplicación da perspectiva de xénero entre o alumnado do municipio. Charlas de sensibilización e prevención creativa contra á violencia de xénero e as redes sociais. Actividade articulada como un proceso grupal, no que se partiron de conceptos clave relativos á igualdade de xénero para ir entrando pouco a pouco en contidos máis complexos.

Nos centros de Primaria traballouse co alumnado de 5º e 6º a perspectiva de xénero aplicada aos comportamentos cotiás e as redes sociais, co fin de ser capaces de detectalas e cambiar a súa conducta.  Nesa mesma liña foi tamén a charla impartida aos alumnos de 4º da ESO do IES.

Según as palabras da 1ª Tte de Alcalde,  Marta Valcarcel "dende o  Concello buscouse que o alumnado asumira o papel protagonista, participando dos procesos de reflexión colectiva e na obtención das conclusións en cada dinámica, co fin de crear conciencia e cambiar hábitos e conductas".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete