Estrea do documental "Ecos de la Historia" na Sala Ingrávida

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase dun documental de Fran Leboso sobre o Paleolítico de Galicia, que demostra a súa importancia no panorama internacional 

 

O próximo domingo 7 de outubro, ás 20.00 h na Sala Ingrávida do Porriño, estréase o primeiro episodio de "Ecos de la Historia", rodado en diversas covas, canóns  e incríbles paisaxes desta terra que conta cun pasado e unha beleza únicos.

Produción propia de Parolas Récord, baixo a dirección e guión de Fran Leboso, quen tamén fixo traballos de produción xunto a Rebeca Leboso, quen ademais, estivo a cargo das fontes históricas.

Dado que o eixo central dete documental é o Paleolítico de Galicia, ámbolos dous irmáns, mantiveron unha estreita colaboración cos arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat Rovira i Virgili; así coma cos directores das excavaciones de Cova Eiros e Valdavara.

Contaron tamén cun gran equipo de arqueólogos como Eduardo Méndez, Arturo de Lombera, Olalla Prado, Irene Valverde, Manuel Vaquero e Xosé Pedro Rodríguez.

Na estrea contaremos coa presencia de toda a equipa de rodaxe, coma o director e os actores das recreacións, e de Eduardo Méndez entre outros historiadores e arqueólogos, para poder contarnos a súa visión e a súa experiencia realizando este traballo cun equipo tan multidisciplinar.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete