”Vendima con nós” unha nova iniciativa para  impulsar o turismo sustentable

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O programa, que se celebra desde esta fin de semana no Castelo de Soutomaior, está dirixido a amantes do enoturismo e familias con ganas de coñecer a cultura da vendima

 

A Deputación de Pontevedra celebra desde esta fin de semana a actividade “Vendima con nós” no Castelo de Soutomaior, unha novaaposta polo turismo sustentable e orientada a amantes do enoturismo e familias con ganas de aprender e coñecer en que consiste a vendima. As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas, que se celebrarán os días 22 e 23 de setembro entre as 12 e as 17 horas, e a partir do día 25 que previsiblemente será a data de inicio da vendima nos viñedos do Castelo, deberán inscribirse a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ata chegar a un máximo de grupos de 25 persoas. 

Máis polo miúdo, tanto o sábado como o domingo,a xornada dará comezo as 12 da mañá na caseta do Castelo e a partir de aí comezará unha visita na que os participantes se desprazarán cara a zona de viñedos. Durante esta actividade, que terá unha duración aproximada de unha hora e 2 quilómetros de distancia, abordaranse cuestiónsrelacionadasco tipo de uva, a situación dos viñedos, en que consiste a vendima e outras explicacións relacionadas con esta tarefa.

Precisamente este venres remata o prazo de solicitudes das empresas que queiran optar a realizar a vendima no Castelo. A firma, seleccionada a través dunha poxa pública mediante procedemento aberto, comezará os traballos da explotación vitivinícola previsiblemente a partir do día 25. Todas as persoas interesadas poden acercarse ao castelo e presenciar estacolleita “en vivo e en directo”.

O obxectivo desta iniciativa é impulsar o turismo sustentable, desestacionalizado e de calidade nas Rías Baixas ao tempo que se promociona o produto autóctono, neste caso relacionado coas producións vinícolas, ofrecendo unha experiencia enoturística única e diferente. Neste senso, o goberno da Deputación mantén o seu compromiso por converter ao turismo no motor de desenvolvemento social, económico, cultural e ambiental da provincia.

O ano pasado, a vendima do Castelo deixou preto de 16.000 quilos de uva albariña que foi colleitada pola adega Quinta das Eirás. As previsións de colleita para este ano son similares, debido a boa calidade e cantidade de uva que presenta a explotación.O Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que contan con catro hectáreas de extensión datan do ano 1984.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete