Os alcaldes da Louriña analizan o conflito de Maderas Iglesias

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os rexidores dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz e As Neves apostan por unha solución para este grave conflito laboral e social  

 

Este luns, o alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, foron os anfitrións  dunha xuntanza para analizar a grave situación que atravesa Maderas Iglesias e facer un “chamamento a retomar a actividade laboral previa reactivación do proceso negociador entre as partes en conflito”.

Conscientes da irreparable consecuencia laboral e socioeconómica que suporía a eventual desaparición de “Maderas Iglesias SA”, e tendo a profunda convicción de que existe unha saída que conxugue os intereses do persoal xunto cos da parte empresarial, os alcaldesas e alcaldes de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz e As Neves, instan á parte empresarial e social a xerar a suficiente sinerxia e confianza mutua como requisito imprescindible para volver á actividade produtiva e propoñen que sexa materializada a través do Consello Galego de Relacións Laborais e a Secretaría de Emprego da Xunta de Galicia como instrumentos útiles para esa finalidade.

“Dende as alcaldías queremos garantir o Emprego e a actividade económica nas nosas Comarcas e faremos todos os esforzos necesarios para conseguilo poñéndonos ao dispor das partes para acadalo”, sinalaron os máximos representantes destes concellos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete