Os convenios de formación do Concello do Porriño acadan 46 contratos de empleo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Representan un 73% dos participantes nos convenios de formación asinados entre a Administración Local con empresas de automoción

 

Dende hoxe, 7 participantes no ‘Curso de carretilleiro e loxística’ no Grupo Maviva, especializado en servizos loxísticos e premontaxes para o automóbil, comezan na planta desta empresa a súa formación práctica.

Dende a Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, subliñase que no que vai deste ano executáronse xa 14 convenios de formación en empresas do sector da automoción, entre elas Maviva, Gestamp, Viza, Grupo Automotive Systems SA e Lear.

Estes convenios con empresas da automoción, que abranguen formación teórica en instalación do Concello do Porriño e formación práctica nas mesmas empresas, “contaron nos meses que transcorreron deste 2018 con 66 participantes dos que 46 foron contratados polas empresas, o que representa un 73%”.

A concelleira subliña que nalgúns casos, coma no do curso de soldadura ‘Mig Mag’, “acadouse un 100 por 100 con 8 participantes que foron contratados pola empresa coa que se asinara o el convenio de colaboración”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete