GañaMos presentará novamente moción para a liberación dos peaxes da AP-9 Vigo-Tui

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tras ser rexeitada fai máis dun ano volven presentala no vindeiro pleno de setembro

 

Esta moción xa a presentamos hai máis dun ano pero daquela, Arévalo e o Partido Popular rexeitárona, agora despois das últimas declaracións públicas, en prensa e radio, tanto de Arévalo como do Partido Popular a nivel provincial reclamando a gratuidade deste tramo da AP-9, entendemos que desta vez vai contar co seu respaldo. Eso sí, sempre que a moción chegue ao pleno, porque a mitade da mocións que presentamos son vetadas por Arévalo e non van nin sequera a debate ás comisións previas aos plenos.

É sorpresiva a política de caleidoscopio que practica o Partido Popular que, según a posición do seu partido, presentan as cousas dunha cor ou doutra. Cando gobernaba o seu partido en Madrid era un absurdo e un despropósito a nosa proposta, agora resulta que se presentan como os primeiros valedores da supresión dos peaxes. 

En GañaMós non rendimos pleitesia a ninguén e por iso mantemos coherentemente as propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, goberne quen goberne, nas outras administracións do estado, co respecto institucional debido pero sen restarlle un ápice as nosas esixencias.

Lembrar que no Congreso dos Deputados aprobouse unha moción nosa presentada por En Marea para a liberación deste tramo da AP-9, que contou co voto favorable do Psoe e de C´s.

Namentres a autovía A-55 soporta unha alta densidade de trafico paralela a ela discurre sen apenas trafico a autopista de peaxe AP-9 entre Vigo e Tui, existindo intercambiadores entre as dúas vías en Puxeiros-Mos, As Gándaras-Porriño e no seus remates de trazado en Tui.O treito da AP-9 Vigo-Tui é a alternativa a autovía A-55, non é necesario seguir propoñendo mais trazados novos ou variantes con ou sen túnel, chega con dar un servizo libre de peaxe pola AP-9.

Por todo isto, solicitamos ao Concello de Mos que inste ao Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a acometer as negociacións necesarias coa empresa concesionaria da AP-9 para acadar a gratuidade do treito Vigo-Tui.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete