Rematan os traballos no torreiro da Forna de Budiño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Goberno Local remata os traballos de mellora e reforma diante do Centro Cultural con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación

 

A Concellería de Vías e Obras que dirixe Manuel Carrera, vén de facer realidade o compromiso que o propio concelleiro adquirira coas veciñas e veciños de Budiño, e rematou os traballos de reforma do Torreiro da Forna.

As obras abrangueron o axeitamento do propio torreiro, a pavimentación da zona a colocación de beiravías de formigón, a mellora da zona de aparcamento de vehículos, a situación dun paso peonil, ademáis da recollida de augas pluviais do Centro Cultural e a colocación dunha nova tubaxe de saneamento.

Manuel Carrera subliña o feito de que os traballos fixéronse con cargo ao Plan Concellos da Deputación 2017 e que os mesmos contaron cun orzamento total de máis de 45.000€, “cos que non so recuperamos un lugar que é o centro das festas de San Blas, senón que melloramos e enriquecemos unha parte da parroquia de Budiño especialmente querida polos seus habitantes”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete