O Concello de Salceda aclara a subida do IBI

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo de goberno aclara que "O PP de Salceda volve intentar engañar aos veciños"


O Equipo de Goberno de Movemento Salceda, en resposta ás declaración feitas polo Partido Popular de Salceda con respecto á subida do recibo do IBI, lembra que o IBI é un imposto obrigatorio para os Concellos, e está dirixido polo Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral de Catastro... Os Concellos xestionan xunto a Catastro, e a recadación é integra
para os Concellos, pero é o Ministerio quen establece as directrices.

No caso de Salceda, é un dos poucos Concellos da Área de Vigo que ten Ponencia de Valores do ano 1.989; a valoración dos bens está polo tanto feita en base a ese ano, e é moi inferior á realidade. Por este motivo, o Concello de Salceda ten que incrementar un 8% o valor catastral co obxectivo de achegar os valores catastrais cando menos ao 50% do valor de mercado, obxectivo marcado dende a Dirección Xeral de Catastro. Por outra banda, a ordenanza do Concello de Salceda establece o tipo impositivo do IBI no 0,50% (ata o 2016 era do 0,53%), sendo un dos tipos máis baixos da comarca, pois a lei marca que deben estar entre o 0,50% e o 1,10%.

O PP de Salceda intenta de novo enganar á poboación afirmando que foi o Concello quen solicitou a actualización de valores, pois sabe perfectamente que a petición da actualización ao Ministerio non é máis que un trámite administrativo que ao Concello de Salceda, ó igual que a milleiros de Concellos en todo o País non nos queda máis remedio que realizar.

A ponencia de valores de Salceda poderíase ter actualizado se o PP e o PSOE non decidisen impedir a aprobación inicial do PXOM, que levaría parello que centos de parcelas rústicas que non teñen condición de solar e están nas normas subsidiarias en núcleo pasarían a tributar como tales.

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Non é de recibo que o PP de Salceda leve anos poñendo atrancos á acción de goberno e que agora busque unha vez máis enganar á cidadanía culpando ao Concello das directrices do Ministerio de Facenda que afectan ao conxunto do País”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete