100 anos de vida para a mosense Jesusa Ramilo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pasado sábado celebraba o seu cumpleanos rodeada de máis dun centenar de familiares, amigos e veciños e celebrouno no Centro Cultural do seu barrio natal, Herville, na parroquia de Cela

 

 

Jesusa Ramilo Cruces naceu en Herville, parroquia de Cela, o 8 de setembro de 1918, filla dun viúvo con tres fillos pequenos e da muller que este contratara para coidar deles. O pai e a nai de Jesusa casaron e tiveron 10 fillos máis, entre os que se atopaba ela. Algúns deles faleceron de nenos e outros viviron ata os 90 anos, pero ela é a máis lonxeva dos 13; a única supervivinte a día de hoxe.

A súa neta, Manoli Davila Alonso, destaca dela que “é unha muller moi traballadora, que traballou moi duro dende nena no campo e na casa, lavando e pranchando para os seus irmáns varóns”.

Xa moza, Jesusacasoucunveciño de Herville, Evaristo Alonso Alonso, co que tivo un feliz matrimonio que durou nada máis e nada menos que 71 anos. Evaristo, que faceleuaos 95 anos, faixa 3, foi durante máis de 20 anosconcelleiro do Concello de Mos.

Deste matrimonio naceu unha filla, Mercedes Alonso Ramilo, que á súa vez tivo unha filla e neta de Jesusa, Manoli Davila Alonso, nai dos dous bisnetos da homenaxeada: Blanca Lamas Davila e César Lamas Davila.

Todos continúan a vivir xuntos na casa familiar que Jesusa e Evaristo construíron en Herville, fai 40 anos. Manoli destaca o apoio mutuo que sempre existiu entre a súa familia e que é a clave dunha armoniosa convivencia. Sobre os seus avós, Manoli comenta divertida que “el era moi inquedo e ela é moi tranquila, por iso se compenetraban á perfección”.

Manoli asegura que, “aínda que ela non tivo a iniciativa de organizalo, Jesusa está moi contenta de cumplir 100 anos e poder celebralo con todos os seus seres queridos. A familia estamos súper agradecidos con tódalas mostras de cariño, tanto agora coa miña avoa como co meu avó en vida, e felices por este gran día de celebración”.

Dende o Concello de Mos felicitouse tamén a JesusaRamilo durante a festa do seu 100 cumpreaños, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro natural da parroquia de Cela, Cándido Pérez.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete