O BNG de Mos denuncia a falta de mantenemento de mobiliario urbán e beirarúa en Puxeiros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"De nada vale inaugurar se logo non se manteñen as cousas" indican os nacionalistas mosenses

 

Hai pouco tempo asistimos á inauguración da humanización dunha parte do vial de Puxeiros, a antiga N 120. Calquera humanización está ben, aínda que sempre se poida mellorar o proxecto, o Bng non se vai mostrar en contra.

Pero o problema e que por moito que fagas cousas, se logo non as mantés, acaban deteriorándose e non hai que esquecer que é diñeiro público, que co paso do tempo hai que voltar a investir.

Pois esto é o que acontece na zona que leva anos urbanizada en Puxeiros, e é só un exemplo, as baldosas están fóra do sitio, supondo un perigo evidente para os viandantes , e esto sucede en bastantes zonas da beirarrúa. Ademais os bancos están sen mantenemento, necesitan imperiosamente una man de berniz, e eso que se lle advertíu ao goberno nun pleno e nin caso fixeron .

Hai que facer un seguimento as beirarrúas e mobiliario para que deixen de deteriorarse, por suposto está ben inaugurar, pero non se poden esquecer das cousas que xa están feitas.

Esperemos que a febre electoralista que invade ao goberno deixe  un oco á cordura.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete