Domingo de cultura urbana co I Festival “DeMostra” en Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O vindeiro 16 de setembro nas inmediacións do Multiusos das Pozas celebrarase unha xornada ligada aos elementos que compoñen e viran ao redor da cultura urbana para o goce de mozos e adultos

Entre as actividades programadas haberá obradoiros de Grafiti, Skateou
BMX; así como exhibicións das mesmas disciplinas

 

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, xunto a membros da organización e público potencial do evento, presentaron a primeira edición do festival de cultura urbana “DeMostra”.

“DeMostra” nace baixo o concepto de revitalizar o municipio de Mos nunha única data chea de dinamismo, cargada de entusiasmo e actividades. Coas cales idéase aproximar a cultura urbana ás mozas e mozos mosenses, como tamén á poboacióndas localidades próximas que se achegue ata o evento.

O desenvolvementodo festival “DeMostra” está programado para que se desenvolva durante toda a xornada do próximo 16 de setembro en horario de 11:00 horas a 21:00 horas, no contorno do Edificio Multiusos das Pozas. Esta localización facilitaráo ambiente distendido e permitirátaménaproveitar as propias estruturas coas que conta o emprazamentoaoseuao redor, ligadas ás actividades que se realizarán.

Colaborando coa dirección do evento atópanseoutrasorganizacións e colectivos como “Vella Escola”, “Mondaka D.I.E. Skatepark” ou “WS Skateboard” que se encargarán de supervisar e impartir os distintos obradoiros que se sucederán ao longo do día capitaneados por expertos nas distintas disciplinas que se dividirán nasincribles modalidades de: “Grafiti”, “Beatbox”, “Breakdance”, “Parkour”, “Skate” e “BMX”.

Tamén contarase, durante o transcurso do evento, de diversos “Food
Trucks” para o goce de todos os asistentes; que axudarán a amenizar a estancia e evitarán que ninguén pase fame nin sede durante o evento, ao tempo que darán un toque de frescura.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete