Actividades concienciadoras de xogo para os nenos do campamento de verán da Lanzada

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os e as participantes do campamento de verán da Deputación realizaron un baile en lingua de signos e participaron nunha xincana con probas relacionadas cos cincos sentidos

As actividades organizadas pola Organización de Persoas Xordas de Galicia serviron para concienciar sobre as dificultades que afrontan as persoas xordocegas na súa vida cotiá

 

Este venres o campamento “Depo Aventura A Lanzada” viviu a segunda xornada concienciadora organizada pola Organización de Persoas Xordas de Galicia (XOGA) coa que, por segundo ano consecutivo, colabora a Deputación de Pontevedra. Nas actividades, ás que tamén asistiu a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, foron protagonistas os 200 nenos e nenas que están a participar na oitava quenda do campamento de verán da Deputación.

Esta xornada de sensibilización e concienciación sobre as dificultades que afrontan as persoas xordocegas na súa vida cotiá contou con dúas actividades organizadas por XOGA. A primeira delas consistiu nun baile con contidos en lingua de signos que prepararon os propios nenos e nenas e a segunda foi a “Xincana Achega-T”, na que os e as rapazas e rapaces se organizaron en grupos encabezados por “deuses” e “deusas” que representaban os cinco sentidos. Os e as participantes foron superando distintas probas relacionadas co gusto, co tacto, coa vista, co oído e co olfacto. Ademais, os e as menores foron adquirindo roles que lles impedían facer tarefas cotiás para así reflexionar sobre como é a vida para as persoas con diversidade funcional.

Durante o desenvolvemento das actividades fíxose un pequeno descanso no que os nenos e nenas aproveitaron para coller forzas comendo froito mentres compartían as súas experiencias con Digna Rivas. A deputada provincial expúxolles que “este campamento constitúe o marco idóneo para a realización deste tipo de actividades de concienciación e grazas a elas poderemos construír unha sociedade máis inclusiva e xusta para todos e para todas”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete